logo paquebote
75 libros encontrados buscando autor: MARILAR ALEIXANDRE

www.paquebote.com > MARILAR ALEIXANDRE

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

8483024713

A banda sen futuro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A banda sen futuro reflicte a historia de Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que debe facer amigos no seu instituto novo. Non é doado conseguilo e menos se unha ten o cabelo rapado ó cero e se sente como un ídem á esquerda. Carlota non entende por que os seus pais a obrigan a ir a clase. Só, Poch o cantante morto de Derribos Arias é quen de comprendela e manter longas conversas co ela desde a súa foto, aínda que non sempre lle dá a razón.
Nestes meses Carlota descubrirá o amor e o desamor, e intentará pillar o ceo cos pés.


ISBN:

84-8302-683-X

O Señor dos Aneis I «A Irmandade do Anel»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 520
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, aínda que son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da
" Xente Grande " . Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros. En A Irmandade do Anel, o primeiro volume desta triloxía, o Hobbit Frodo Bulseiro recibe un Anel máxico como herdanza do seu tío Bilbo. Para protexer este Anel e evitar que caia nas mans dos servidores do Señor Escuro créase A Irmandade do Anel, composta por representantes dos pobos dos elfos, os homes, os hobbits e os ananos, que acompañarán a Frodo durante unha longa viaxe por terras estrañas e perigosas. Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.


ISBN:

84-8302-826-3

O Señor dos Aneis II «As Dúas Torres»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 440
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas o lector descubrirá moito sobre o seu carácter e algo sobre a súa historia. Os hobbits constitúen un pobo discreto pero moi antigo, noutrora máis numeroso do que é hoxe en día. Aman a paz e a tranquilidade, e o cultivo da boa terra; o seu hábitat preferido constituíao unha rexión ben organizda e cultivada. Non comprenden nin gostan de máquinas máis complicadas ca un muíño de auga ou un tear de man, anque son hábiles coas ferramentas. Xa nos tempos antigos desconfiaban polo xeral da
" Xente Grande " . Teñen o oído agudo e a vista penetrante, e anque tenden a ser gordos e non corren innecesariamente, son de movementos áxiles e lixeiros. En As dúas torres, o segundo volume desta triloxía, desfeita a Irmandade do Anel, a Frodo e ó seu fiel Sam tócalles percorrer o camiño máis escuro na súa viaxe á Terra das Tebras. Paralelamente, os restantes membros da Compañía vense envoltos en batallas, descubrimentos e sucesos extraordinarios que constituirán o escenario principal da Guerra do Anel. Publicada en 1955, O Señor dos Aneis, a máis complexa das obras de Tolkien, supuxo a definitiva renovación do xénero fantástico. J.R.R. Tolkien, como filólogo e estudioso dos mitos, elaborou complexas estructuras nas súas historias, cheas de detalles e estilisticamente afastadas das modas. A través do universo fantástico descrito en O Señor dos Aneis, debedor da mitoloxía escandinava, Tolkien formula o tema da corrupción do poder e a impersonalización do mundo industrializado. O seu profundo coñecemento dos ritos e o seu estilo marcadamente inglés fixeron desta triloxía épica, novelas que hoxe teñen unha extraordinaria vixencia e aceptación entre os lectores mozos de todo o mundo.


ISBN:

9788467360714

Robinson contado polas alimarias

Editorial: Oxford University Press   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 20 x 13,5 cm.
Precio: 8,65
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A historia de Robinson Crusoe contouse moitas veces pero nunca desde o punto de vista dos animais que viven na illa. Os animais van pasando a palabra, desde Yaguatirica, o gato montés, que é quen atopa a Robinson, á tartaruga que lle ensina a comer saborosos vermes. Segundo os animais, Robinson, ao que lle chaman "Tinga" pola cor branca, era un inútil que non sobreviviría sen a súa axuda. Todo cambia o día en que chega Taiguara, é dicir "Libre", ao que Robinson se empeña en chamar Venres.


ISBN:

9788467360431

Robinson contado por las alimañas

Editorial: Oxford University Press   Año:    Páginas: 181
Formato: Rústica, 13,5 x 20 cm.
Precio: 9,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

La historia de Robinson Crusoe se ha contado muchas veces pero nunca desde el punto de vista de los animales que viven en la isla. Los animales se van cediendo la palabra, desde Yaguatirica, el gato montés, que es quien encuentra a Robinson, a la tortuga que le enseña a comer sabrosos gusanos. Según los animales, Robinson, a quien ellos llaman ?Tinga? por su color blanco, era un inútil que no hubiera sobrevivido sin su ayuda. Todo cambia el día en que llega Taiguara, es decir ?Libre?, al que Robinson se empeña en llamar Viernes.


ISBN:

978-84-122600-9-0

MOVIENDO LOS MARCOS DEL PATRIARCADO «EL PENSAMIENTO FEMINISTA DE EMILIA PARDO BAZAN»

Editorial: MENADES EDITORIAL   Año:    Páginas: 202
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788491213116

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 128
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro. Un libro, nacido do cariño e admiración por María Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor.



• Marilar Aleixandre (Autor/a). Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas “Nó”, “Luzes de Galiza” e “Festa da palabra silenciada”. Como narradora ten publicado: “A formiga coxa” (Xerais 1989), novela xuvenil; “O rescate do peneireiro” (Xerais 1990), novela xuvenil; “Tránsito dos gramáticos” (Xerais 1993), novela; “Nogard” (1994), novela xuvenil; “A expedición do Pacífico” (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; “Lobos nas illas” (Xerais 1996), relatos; “Agardando polos morcegos”, conto incluído no volume “Antoloxía do conto galego de medo” (1996); “O trasno de Alqueidón” (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; “A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; “Desaforados muños”, relato incluído en “Airadas palabras” (1998), Premio Manuel Murguía; “A banda sen futuro” (Xerais 1999), novela, Premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; “Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón” (1999), conto infantil; “Unha presa de terra” (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; “O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín”, incluído en “Contos para levar no peto” (Xerais 2001); “Teoría do caos” (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; “Paxaros de papel” (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez; “O chápiro verde” (2001, Xerais 2003), conto infantil; “Basilisa, a princesa sapiño” (2002), conto infantil; “Rúa Carbón” (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e “A Cabeza de Medusa” (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixagalicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. Un relato en ''Materia prima'' (Xerais 2002); “Palabras descarreiradas”, relato incluído en “Longa lingua” (Xerais 2002) e ''O coitelo en novembro'' (Xerais 2010). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por “Catálogo de velenos” (1999), o premio Caixanova por “Mudanzas” (2008), tendo publicado, ademais, o volume “Desmentindo a primavera” (Xerais 2003) e “Ovella descarreirada” (Xerais 2014). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada “Os Escachapedras”, e publicou a biografía “Castelao segundo Rañolas” (2000). Traduciu do inglés para o galego “A caza do carbairán” (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario “Muller ceiba” (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio “Dubidar para aprender” (Xerais 1996). É coautora, xunto con Fina Casalderrey, de "María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco" (Xerais 2018)., Fina Casalderrey (Autor/a). Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. Para o público infantil publicou, entre outras: “Dúas bágoas por Máquina” (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; “A noite dos coroides” (1993), novela; “Chamizo” (Xerais 1994), novela; “¡Asústate, Merche!” (Xerais 1994), novela; “O misterio dos fillos de Lúa” (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; “O estanque dos parrulos pobres” (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; “Prohibido casar papá” (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; “¡Puag, que noxo!” (1997), conto; “Podesvir” (1997), conto; “Unha raíña negra” (1998), conto; “Cuca e o abrigo marrón” (1998), conto; “Nolo e os ladróns de leña” (1998), conto; “Ás de mosca para Anxo” (1998, Xerais 2002), novela; “Pimpín e dona gata” (1999), conto; “O misterio do cemiterio vello” (1999), novela; “Unha pantasma branca” (2001), conto; “O avó é sabio” (2002), conto; “O avó sae de paseo” (2002), conto; “A avoa non quere comer” (2002), conto; “A avoa ten unha menciña” (2002), conto; “Derradeira carta ós Reis Magos” (Xerais 2002), conto; “Eu son eu” (Xerais 2004), conto; “¿Quen me quere adoptar?” (Xerais 2005), conto; “O meu avó é unha gata” (Xerais 2005); “A lagoa das nenas mudas” (Xerais 2007), novela; “A Pomba e o Degolado” (Xerais 2007), novela; “¿E ti que farías por min?” (Xerais, 2010), conto; “Un saco de estrelas” (Xerais 2010), conto; “O misterio do Faro Vello” (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; “Historia da bicicleta dun home lagarto” (Xerais, 2014). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de "María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco" (Xerais 2018).
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES>Antologías (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES>Poesía (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>INFANTIL Y JUVENIL: NO FICCIÓN GENERAL>Personas y lugares (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 11 años;

• INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante.


ISBN:

978-84-9121-017-7

Catro cascarolos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 56
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños
do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar.


ISBN:

978-972-9250-32-3

Catálogo de venenos

Editorial: DERIVA EDITORES   Año:   
Precio: 13,86
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788497828987

A formiga coxa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha formiga coxa", unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas polas súas eivas e sexan consideradas iguais," e así comezan a súa aventura. O primeiro sitio ó que chegan é unha cidade enfeitizada. As tres amigas ofrécense a busca-lo remedio, nese traballo atopan un rato de biblioteca. Resolto o feitizo", a rexedora da cidade regálalles un estoxo de coiro que contén unhas tesoiriñas, unha agulla e un coitelo. Continuando a viaxe, as tres amigas, ás que se unirá o rato de biblioteca, caen presas dos fanáticos. Gracias ás tesoiriñas e mais ó coitelo de prata conseguen escapar da trampa. Chegan logo a unha illa onde todo é moi pequeno. Todos andaban moi preocupados buscando a princesiña Hipatia que xa levaba un día sen aparecer. As tres amigas conseguen encontrala despois de adiviña-lo esconxuro para abrí-la entrada dunha cova subterránea. Finalmente, nun val preto da praia de Estorde," encontran aquel lugar que andaban buscando.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal